martes, 7 de octubre de 2014

PUBLICADAS LAS SUBVENCIONES CONCEDIDAS PARA NUEVOS ESTABLECIMIENTOS COMERCIALES


Estimados Clientes; nos es grato comunicaros que hoy por fin se han publicado las ayudas para nuevos establecimentos comerciales, ya lo sabéis por la comunicación oficial, pero para aquellos despistados y para otros comercios interesados, os dejo la publicación y el siguiente LINK:

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA
RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2014 pola que se adxudican as subvencións para a apertura de novos establecementos comerciais (código de procedemento IN217A) convocadas na Orde do 27 de decembro de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 23, do 4 de febreiro de 2014).
Por Orde do 27 de decembro de 2013 (DOG núm. 23, do 4 de febreiro de 2014) establécense as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a apertura de novos establecementos comerciais e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (código de procedemento IN217A).
De conformidade co disposto nas bases da citada orde de convocatoria, vista a proposta de resolución formulada pola Dirección Xeral de Comercio como órgano instrutor, e tendo en conta o informe da comisión de valoración e as dispoñibilidades orzamentarias, esta consellería
RESOLVE:
Primeiro. Conceder aos beneficiarios que se indican no anexo as subvencións polos importes que alí se detallan con cargo á aplicación orzamentaria 08.02.751A 770.1.
Segundo. O libramento das subvencións efectuarase unha vez xustificados os investimentos, de conformidade co previsto nos artigos 18 e 19 do anexo da orde de convocatoria. Todas as actuacións obxecto de subvención deberán estar realizadas na data límite do 10 de novembro de 2014 e deberá acreditarse debidamente a súa realización.
Terceiro. A Dirección Xeral de Comercio adoptará as medidas necesarias para a instrución dos correspondentes expedientes de gasto.
Cuarto. A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria suporá a perda do dereito a percibir a subvención correspondente.
Quinto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse, potestativamente, recurso de reposición perante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou, directamente, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data.
Disposición derradeira
Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2014
P.D. (Orde do 26.7.2013; DOG nº 154)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria

FELICIDADES A LOS AFORTUNADOS!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario